Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui, cuarto lugar escollido polos peregrinos para comezar o Camiño de Santiago no mes de xullo

12/08/2013

Luns, 12 de agosto de 2013. A cidade de Tui ocupou , no pasado mes de xullo, o posto número catro en relación ás localidades elexidas polos peregrinos para iniciar o camiño a Compostela.

Encabeza a lista Sarria con máis de 8.800 peregrinos, seguida de S.Jean P. Port con 3.680, O Cebreiro con 2100 e Tui con case 2000 segundo os datos facilitados pola Oficina de Acollida de Peregrinos da Arquidiocese de Santiago de Compostela .No que se refire ao conxunto da Eurocidade a cifra alcanzou os 2880.

A peregrinaxe polo Camiño Portugués rexistrou en xullo un total de 4816 andantes, o que supón un 13% do total dos peregrinos rexistrados dito mes .