Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trinta mozos de italia, portugal e españa comenzarán o vindeiro martes o camiño de Santiago en Tui coma parte dun proxecto de intercambio xuvenil Europeo

30/08/2013

O luns serán recibidos polo Alcalde de Tui

Venres, 30 de agosto de 2013. Trinta rapaces provenientes de España, Italia e Portugal pernoctarán no pavillón municipal de Tui este luns para partir cara Compostela ao día seguinte no marco dun proxecto que forma parte do programa da Unión Europea : Xuventude en Acción. Baixo o nome “"The Green Path / O Camiño Verde” o proxecto ten coma obxectivo a concienciación mediaoambiental dos mozos a través da promoción de comportamentos “verdes” mediante a realización do camiño portugués.

Os participantes son rapaces de idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, un 20 % son inmigrantes. Co desenvolvemento deste proxecto se pretende conseguir que os mozos adquiran comportamentos e habilidades “verdes” nun contexto marcado polo contacto coa natureza nun marco de diversidade cultural que favorecerá o entendemento mutuo entre mozos de distintos países, ao igual que a súa solidariedade e tolerancia.

O camiño a Compostela realizarano en 6 etapas comezando en Tui o martes 3 de setembro. Ao final de cada etapa os mozos repartiranse en grupos de estudo, para analizar o trato medioambiental da zona entrando en contacto coa poboación local. Ao final de cada xornada os participantes debaterán as posibles solucións para plasmalas logo nunha guía de boas prácticas.

"The Green Path” é un intercambio xuvenil trilateral promovido pola ONGd Ecos do Sur, realizado en consorcio con 2 entidades: Pronexus (entidade social da rexión de Calabria-Italia) e Centro de Estudos e Formação Profissional Diogo Dias Melgaz (entidade educativa da rexión do Alentejo-Portugal). No intercambio participarán 30 mozos (entre 18-30 anos) que analizarán a conciencia ambiental das zonas do rural galego recorrendo o Camiño de Santiago (Camiño portugués).

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez recibirá ao grupo á súa chegada á cidade o luns ás 19h no Centro de Interpretación do Camiño Portugués no antigo convento de Santo Domingo.