Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sergio Veloso presenta o espectáculo “Efecto Tango”

3/08/2011

Será o venres ás 22.30h no Teatro Municipal

 

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 5 de agosto, ás 22.30h o espectáculo “Efecto Tango” de Sergio Veloso. Este evento forma parte da programación cultural organizada pola Concellería de Cultura de Tui e conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra.

 

“Efecto tango” é un espectáculo de danza, música e voz, que nos leva ás orixe e evolución do tango arxentino, dende Carlos Gardel a Astor Piazzolla, pasando polo tango contemporáneo de Eladia Blázquez. Tamén inclúe unha pasaxe da música rural e folclórica arxentina nos seus estilos de chacarrera, malambo e samba.

 

Sobre o escenario estarán Sergio Veloso, voz, Alejandro Szabo, bandoneón, Diego Zecharies, contrabaixo e Daniel Cala, guitarra. Estarán acompañados polos bailaríns Karina Lucca e Leonardo Mosqueda.

 

As entradas para este espectáculo son gratuítas,e pódense retirar, un máximo de dúas por persoas, a partir das 22h no despacho de billetes da Área Panorámica.

 

“Efecto tango” con Sergio Veloso

Data: Venres 5 ás 22.30h

Lugar: no Teatro Municipal de Tui

Retirar entradas gratuítas, un máximo de 2 por persoa, a partir das 22h.