Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Remeiros/as do club remo de Tui concentrados en Sevilla.

27/03/2013

Martes, 26 de marzo de 2013. Tres remeiros do Club Remo Tui estarán concentrados no CEAR da Illa da Cartuxa en Sevilla, dende o 1 ata o 14 de abril, para conformar os equipos nacionais que disputarán os próximos campionatos.

 

Nuria Domínguez, Jesús Álvarez e Sergio Pérez, afrontan unha nova concentración coa selección nacional, tras os resultados acadados a pasada fin de semana no Trial de Primavera, proba disputada en Banyoles (Girona), no que os deportistas tudenses obtiveron unha medalla de prata, Nuria en skiff, e un cuarto posto, Jesús Álvarez e Sergio Pérez en dos sen temoneiro.

 

O Concello de Tui quere felicitar ao Club Remo Tui e aos seus remeiros/as, xa que o club tudense, sendo un club pequeno e de recente creación, é o terceiro club de España que máis deportistas aporta nesta concentración, dado que tamén Esmeralda Santos ten moitas opcións a ser chamada pola selección para o equipo lixeiro.