Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recomendar o comercio local de Tui ten premio

31/01/2024

Dentro da campaña de promoción sortéase unha experiencia gastronómica e de aloxamento

Dentro da campaña de promoción do comercio e do mercado local de Tui que está en marcha durante o período de rebaixas e Entroido ponse en marcha o sorteo dunha experiencia en establecementos tudenses.  Trátase dun bono para unha experiencia dunha cea para dúas persoas en Emma Gastrobar e unha estadía dunha noite na Torre do Xudeu con almorzo.

Para participar as persoas interesadas deben deixar un comentario no post publicado nas redes sociais de Quero Tui en Facebook ou Instagram mencionando un produto que compra ou que recomenda para a súa compra no mercado ou no comercio tudense. Débese nomear ao establecemento e pódese subir unha foto ou etiquetalo.  Amais para entrar no sorteo débese etiquetar a dúas persoas no comentario realizado e usar o cancelo #QueroTui.  O prazo para realizar os comentarios rematará o 14 de febreiro ás 23 h.  Entre todos os comentarios con recomendación que se axusten ao establecido nas bases farase un sorteo, o 16 de febreiro ás 12 h na Radio Municipal de Tui. O premio deberá disfrutarse entre o 1 de marzo e o 30 de xuño de 2024.

O sorteo ten coma obxectivo dinamizar a visibilidade e o consumo no comercio local. Forma parte da campaña de promoción do mercado e comercio tudense que o Concello de Tui está a realizar ao abeiro da subvención obtida na convocatoria da Secretaría de Estado de Comercio do goberno de España financiada a través do Plan de Recuperación,Transformación e Resiliencia (fondos NextGeneration).