Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recibido o informe sobre o PEPCH por parte da dirección xeral de patrimonio cultural

15/03/2013

* É un documento de traballo no proceso administrativo de aprobación do Pepch no que solicita diversas correccións

* Senta as bases para a continuidade do diálogo entre Concello e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

 

Xa foi recibido no Concello de Tui o informe preceptivo emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en relación ao Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui emitido con data 24 de xaneiro no que propón unha serie de modificacións para este documento.

 

O goberno municipal diante deste informe quere manifestar o seguinte:

 

1.- Este informe achegado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia corresponde ao documento do Pepch enviado polo Concello de Tui con data  2 de abril de 2012.

 

2.- Nos meses posteriores a esta data foi completado o período de alegacións públicas a este Plan presentándose 122, que posteriormente e tras a súa análise polo equipo redactor foron asumidas en máis dun 60% nun novo documento do Plan Especial presentado polo equipo redactor para a súa aprobación provisional.

 

3.- Este novo documento para aprobación provisional xa contempla numerosas das consideracións contidas no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural referido a aquel primeiro documento.

 

4.- O Concello de Tui valora positivamente este informe pois era imprescindible para comezar un traballo de diálogo entre o Equipo redactor, o Concello e a Dirección Xeral para acordar un documento definitivo do Pepch. Estamos, sinala o rexedor tudense Moisés Rodríguez Pérez, diante dun procedemento administrativo onde é normal que existan estas discrepancias técnicas e que agora nun proceso de diálogo confiamos superar, pois todos os implicados temos o mesmo obxectivo final: a conservación do conxunto monumental tudense.

 

5.- Hai xa mais dun mes mantívose unha primeira xuntanza entre representantes da Dirección Xeral e o Concello de Tui para traballar conxuntamente a prol dunha unificación de criterios e resolver as dúbidas que apunta o informe da Dirección Xeral e que terá continuidade de inmediato.

 

 6.- O Concello de Tui confía que este proceso de elaboración do documento definitivo do Pepch se complete coa maior brevidade posible para ter nos vindeiros meses definitivamente aprobado este Plan Especial