Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proxección de “Gru, o meu vilán favorito” dentro no ciclo de Cinema na rúa

4/08/2011

A película poderá verse este sábado ás 22.30h na Praza de San Fernando

 

A praza de San Fernando acolle este sábado, ás 22.30h, a proxección da película de animación “Gru, o  meu vilán favorito”  dentro do ciclo de “Cinema na rúa” organizado pola Concellería de Cultura de Tui.

 

Gru, o protagonista desta película da Universal Pictures, vive nunha casa negra con céspede amarelo no medio dunha alegre urbanización con coidados xardíns rodeados por enreixados de madeira pintados de branco e cheos de roseiras. Gru está rodeado por un pequeno exército de lacaios, planeando o maior roubo de toda a historia, quere facer coa lúa. Armado cun poderoso arsenal de raios minguantes, raios conxeladores e vehículos de combate de terra e aire, derruba a calquera que se interpoña no seu camiño. Pode con todo menos coa tremenda teimosía de tres nenas orfas, Margo, Edith e Agnes, que ven neste escuro personaxe un pai en potencia.

 

En caso de choiva a película proxectarase no Teatro Municipal. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.

 

Cinema na rúa “Gru, o meu vilán favorito”

Data: Sábado 6 ás 22.30h

Lugar: na Praza de San Fernando

*En caso de choiva proxectarase no Teatro Municipal