Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do proxecto "Aloiada 2013"

10/06/2013

Luns, 10 de xuño de 2013. Mañá martes 11 de xuño, ás 11.00 horas, na Sala de Concelleiros do Concello de Tui, presentarase unha nova edición da “Aloiada”, actividade organizada polo CEIP Nº1 e Nº2 de Tui, en colaboración co Concello de Tui.

 

Na rolda de prensa estarán presentes o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a Concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, o Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, os directores do CEIP Nº1 e Nº2, así como as coordinadoras do proxecto, Beatriz González, María del Carmen Seves e José Alberto López.