Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro "Vidas paralelas tudenses" de Xabier Añoveros

20/09/2013

O vindeiro luns, 23 de setembro de 2013, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui ás 19,30 horas a presentación do libro “Vidas paralelas tudenses” de Xabier Añoveros y Trías de Bés no que participará xunto ao autor, a deputada provincial de cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo –pois a obra esta editada pola Deputación Provincial de Pontevedra- xunto ao Alcalde de Tui en funcións, Nicolás Lorenzo Montes.

Esta nova publicación de Xabier Añoveros aborda unha nova investigación sobre a historia tudense nesta oportunidade cunha achega biográfica sobre salientables persoeiros tudenses que contribuirá a afondar no coñecemento da ampla riqueza da nosa cidade.

Xabier Añoveros é Doutor en Dereito pola Universidade de Barcelona, a súa carreira profesional está ligado ao mundo da avogacía. Ten compaxinado esta dedicación profesional coa actividade docente sendo profesor titular de Dereito Mercantil e profesor de Sectores Financeiros, ambos na Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona. Así mesmo, foi profesor nos Másters de Dereito Concursal e Sociedades de Capital do Colexio de Avogados de Barcelona. Autor de catro libros e dunha vintena de traballos sobre dereito mercantil. Na actualidade, é académico da Real Academia de Doutores de Cataluña.

Pero xunto a esta dedicación ao mundo do dereito aborda a súa vocación de historiador con dous temas preferentes: San Francisco Xavier –está recoñecido como un dos principais especialistas españois neste santo xesuíta- e Tui, a súa cidade de adopción e sobre a que ten editados diversos traballos de investigación nos últimos anos.