Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do III Congreso Internacional Camiño Portugués de Santiago

8/11/2019

O próximo luns, 11 de novembro, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do Concello de Tui terá lugar a presentación do III Congreso Internacional Camiño Portugués de Santiago: un patrimonio cultural para a nova Europa que se vai celebrar do 14 ao 16 de novembro en Tui e Valença. Está organizado polo Grupo Compostela de Universidades.

Comparecerán ante os medios de comunicación Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e Domingo González Lopo, responsable do Comité Científico do Congreso, xunto a outros membros do goberno municipal.