Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Club de Lectura da Biblioteca e Inauguración da “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”

22/10/2021

O próximo luns, 25 de outubro, ás 11 h na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, terá lugar a presentación do Club de Lectura da Biblioteca Municipal, dentro da programación do Mes da Biblioteca.

Amais terá lugar a inauguración da exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.

Estarán presentes a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, o director da Biblioteca Municipal, Rafael Sánchez Bargiela, e a xerente do Balneario de Caldelas, Ana Rodríguez.