Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación de “Festival Zonal de Bandas de Música”

22/10/2013

Martes, 21 de outubro de 2013. Mañá mércores, ás 12h, será presentado no primeiro andar da Área Panorámica o II Festival Zonal de Bandas de Música que este sábado, dende ás 16h, se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui, organizado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.

 

A presentación aos medios de comunicación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e a deputada responsable da área de Cultura, Ana Isabel Vázquez.