Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Positivo balance da inciativa do Alcalde de Tui de recibir semanalmente polas tardes dos mercores aos cidadáns

9/05/2012

Foi adoptada polo rexedor tudense tras a súa toma de posesión

 

Unha das primeiras decisións adoptadas polo Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, foi abrir o seu despacho ás tardes de todos os mércores para facilitar o acceso dos cidadáns tudenses ao rexedor municipal. Logo de dez meses de funcionamento desta iniciativa a valoración que corresponde é de éxito completo pois todas as tardes dos mércores se cobren todas as citas posibles que os cidadáns deben solicitar previamente á secretaria da Alcaldía. Con esta medida o alcalde tudense pretendía facilitar a comunicación entre o rexedor e os veciños do noso concello favorecendo con esta ampliación de horario o acceso dos cidadáns á propia Alcaldía.

 

Moisés Rodríguez Pérez amosa a súa satisfacción polo éxito logrado por esta medida que é valorada moi positivamente polos cidadáns que así ven facilitada a posibilidade de manter unha entrevista co Alcalde para presentarlle calquera asunto de interese municipal. Sinala Rodríguez Pérez que non coñece outros concellos do noso entorno que dispoñan dunha medida similar, onde exista a posibilidade de acceder a unha cita coa Alcaldía en horario de tarde, fóra do período de funcionamento das oficinas municipais.

 

Esta medida forma parta do programa que o goberno municipal tudense puxo en marcha tras a súa toma de posesión para favorecer a comunicación cos cidadáns: mellora da páxina web do Concello, publicidade dos horarios de atención ao público dos diversos concelleiros do goberno, etc.