Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro infantil "Anxo e os contos de fantasía, aventura e medo" na biblioteca municipal de Tui

22/10/2013

Abre as actividades do Día de Biblioteca

 

Martes, 22 de outubro de 2013. Mañá mércores, 23 de outubro, con motivo do Día da Biblioteca, o Concello de Tui organiza o obradoiro “Anxo e os contos de aventura, fantasía e medo” ás 17:30h na Biblioteca Municipal de Tui.

 

Co obxectivo de fomentar a lectura, a creatividade e a narración oral, a sala estará ambientada para a ocasión e somerxer aos cativos no mundo da fantasía e imaxinación da lectura. Dous personaxes literarios acompañarán aos nenos e nenas ao longo desta aventura chea de probas na que participarán mediante actividades dinámicas en grupo. Farase un percorrido polos 3 xéneros literarios da aventura, fantasía e medo nos cales recibirán visitas de personaxes tan coñecidos coma Carapuchiña Vermella.

 

O obradoiro está  destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos cunha duración estimada de dúas horas.

 

O xoves a cita virá da man da narradora tudense Silvia Capón e a ilustradora Patrizia Acebes, co contacontos “A grila Camila” ás 17:30h.