Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro martes 2 de abril a biblioteca celebra o dia do libro infantil e xuvenil.

1/04/2013

Un contacontos e obradoiro arredor de H.C. Andersen ás 18,00 horas

 

Martes, 26 de marzo de 2013. A Biblioteca Pública Municipal de Tui conmemorará a celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil o vindeiro martes 2 de abril cun obradoiro e contacontos arredor das obras de Hans Christian Andersen. Esta actividade dirixida aos nenos entre 4 e 10 anos de idade comezará ás 18,00 horas da tarde.

 

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os mais novos.

 

A Biblioteca Municipal súmase asi a esta festa coa realización dunha pequena escolma das últimas novidades recibidas na Biblioteca de libros para os nosos máis pequeno usuarios así como das obras de Hans Christian Andersen existentes no fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal. Se completan as actividades deste Día coa distribución entre os rapaces que acudan nesta xornada ao centro bibliotecario da mensaxe realizada en España pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil).

 

Con esta actividade a Biblioteca Municipal de Tui participa na celebración desta xornada e comeza a preparar a súas actividades do “Mes dos Libros que abrangueran un amplo abano de actividades dende o 23 de abril ata finais do mes de maio.

 

Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración destas actividades amosa o dinamismo deste centro bibliotecario que tenta ofertar actividades dirixidas aos diversos segmentos de idades, dende o convencemento de que a lectura amais de contribuír á formación integral das persoas é unha óptima ferramenta para o lecer dos nosos cidadáns.

 

 

 

MENSAJE PARA EL DIA DEL LIBRO INFANTIL - AÑO 2013

Leemos juntos, tú y yo.

Vemos que las letras forman palabras

y las palabras se convierten en libros

que estrechamos en nuestras manos.

 

Oímos susurros

y ríos bulliciosos en sus páginas,

osos que cantan

graciosas melodías a la luna.

 

Entramos en misteriosos castillos

y de nuestras manos suben hasta las nubes

árboles florecidos. Vemos niñas valientes que vuelan

y niños que atrapan las estrellas.

 

Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas,

recorriendo el mundo con la alegría en los libros.

 

 

Poema de Pat Mora

Traducido por la autora.