Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro domingo xornada de portas abertas na pisicina municipal de Tui

14/09/2012

Aproximándose o final da tempada de verán achégase tamén o peche da Piscina Municipal de Tui que dende o pasado 27 de xuño está aberta ao público. Para aproveitar estas últimas xornadas vera  niegas o Concello de Tui promove para o vindeiro domingo, 16 de setembro unha xornada de portas abertas nas instalacións da Piscina Municipal.

 

Deste xeito haberá acceso libre e gratuíto para todos os veciños entre as 13,00 e as 20,30 horas e para completar esta xornada de lecer dende as 15,00 horas se instalarán inchables para os máis pequenos.

 

A concelleira responsable deste servizo municipal, Olga Montes Moldes, convida a todas as familias a unha xornada de descanso e ocio nestas instalacións municipais, dado que a previsión meteorolóxica anuncia unha xornada de sol para este domingo.

 

Esta Piscina Municipal pecha a tempada deste ano 2012 o vindeiro mércores 19 de setembro.