Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Mago Romarís ofrece este venres “Maxia Potaxia” no Teatro Municipal

10/05/2012

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás oito da tarde, un espectáculo de maxia a cargo do mago Romarís. Baixo o título de “Maxia Potaxia” ofrece unha compilación dos seus mellores números, algúns deles de creación propia. O espectáculo vai dirixido a público familiar a partir dos catro anos.

 

As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h, e o venres dende ás 18.30h poderán mercarse no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.

 

O Mago Romarís ten creado un estilo propio de maxia que conecta coa ideosincrasia do pobo galego. Moitos dos seus números son ideacións propias. Foi impulsor da Asociación de Magos Profesionais de Galicia e participou en diferentes programas de televisión e festivais internacionais.

 

 

Mago Romarís con “Maxia Potaxia”

Lugar: No Teatro Municipal de Tui

Data: Venres 11 de maio ás 20.00h

Entradas: 3€ e 2€ á venda en www.culturatui.info e o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.