Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns comezou un curso sobre "técnicas de hixiene a persoas dependentes"

9/01/2013

O PASADO LUNS COMEZOU UN CURSO SOBRE “TÉCNICAS DE HIXIENE A PERSOAS DEPENDENTES”

Forma parte do programa Activate da Deputación Provincial e participan 30 persoas

 

O pasado lúns, 7 de xaneiro, tivo lugar nas dependencias do Centro de Formación do Concello de Tui o acto de inicio do curso de “Técnicas de aseo e hixiene a persoas dependentes” que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do programa Activate coa colaboración do Concello de Tui.

 

Na presentación do curso estiveron presentes o deputado provincial Pablo Baquero Alonso, e os concelleiros de servizos sociais do Concello de Tui, Olga Montes Moldes, e o concelleiro de emprego e formación José Angel Villaverde

 

O principal obxectivo desta acción formativa e ofrecer as ferramentas básicas para que os asistentes poidan realizar e supervisar os coidados hixiénicos necesarios da persoa que se encontra en situación de dependencia e seguindo as normas de hixiene e seguridade que permiten protexer a saúde do dependente e previr accidentes e infeccións,

 

A duración é de 40 horas e participan 30 persoas desempregadas de Tui e a súa contorna.