Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello promove unha actuación para renovar e actualizar a sinalización de tráfico

14/09/2012

85 sinais teñen sido renovadas ou arrancadas

 

A Concellería de Tráfico e Seguridade do Concello de Tui promove nestas xornadas unha ampla actuación para a renovación e arranxo de ata 85 sinais existentes no termo municipal.

 

En concreto esta actuación, executada a través do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir local)  comprende as seguintes actuacións:

 

1- Novas sinais: 29

 

2- Sinais retiradas por obsoletas: 13

 

3- Pracas de horario: 4

 

4- Sinais arranxadas: 11

 

5- Espellos viais: 2

 

6- Pintado de bados e stop: 5

 

7- Paneis retirados por obsoletos: 5.

 

8- Sinais informativas retiradas por obsoletas: 2

 

9- Postes de sinais novos: 12

 

10- Postes arranxados: 8, postes.

 

Total-  85 actuacións.

 

Para o concelleiro de tráfico e seguridade, Ángel Gutiérrez González, con esta intervención o Concello de Tui traballa para dotar de maior seguridade vial ás nosas estradas, cunha sinalización axeitada, ao tempo que promove o ornato eliminando a sinalización en mal estado. Esta actuación comprende unha intervención non só no centro urbano da cidade senón en diversas parroquias como Pexegueiro, Guillarei, etc onde o persoal do Grumir esta nestas xornadas procedendo a renovación desta sinalización que abrangue dende as sinais de tráfico á sinalización informativa, etc. O concelleiro convida aos cidadáns de Tui á conservación desta sinalización por parte dos cidadáns non colocando na mesma carteis, pegatinas, pintadas, etc que amais de afear as mesmas en xeral producen o seu deterioro en breve prazo.