Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello procederá á peonalización de varias rúas nas fins de semana do verán

4/07/2013

Xoves, 4 de xullo de 2013. O Concello de Tui procederá á peonalización de diversas rúas do conxunto histórico tudense durante ás fins de semana dos meses de verán coa finalidade de incentivar a superficie para lecer dos nosos veciños e visitantes.

 

Así dende mañá venres procederase á peonalización da rúa Seijas, restrinxindo a circulación e o estacionamento de vehículos nesta rúa dende ás 15,00 horas do venres ata ás 03,00 horas do luns. Igualmente os domingos entre as 07,00 e as 00,00 horas se procederá á peonalización do Paseo da Corredoirra, no treito entre a rúa Rosa Bahamonde e Ordoñez. Os veciños das rúas Seixas e Sanz afectados por este corte poderán acceder as súas garaxes ou para carga e descarga polo Piñeiro e rúa Sanz.

 

Con estas medidas o Concello de Tui, por medio da Concellería de Tráfico, pretende dinamizar estas zonas do conxunto histórico tudense favorecendo a accesibilidade e funcionamento das numerosas terraza existentes en ambas rúas. Igualmente con estas medidas se pretende animar ao disfrute do paseo por estas céntrica rúas tudenses.

 

Estas medidas forman parte da intención do goberno municipal tudense de proceder, nun breve prazo, á peonalización do conxunto monumental para favorecer a súa conservación, a súa habitabilidade e a súa valorización como elemento principal da promoción turística da nosa cidade.