Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello procede a realizar dversas melloras na praia de Areeiros - Guillarei

10/07/2013

Mércores, 10 de xullo de 2013. En días pasados o Concello de Tui ten realizado diversas actuacións na praia de Areeiros en Guillarei e no seu entorno para mellorar esta importante zona de baño para os tudenses que grande número se achegan ata esta ribeira do río Miño, especialmente nestas datas de altas temperaturas.

 

As actuación acometidas abrangueron as seguintes intervencións:

-         

Mellora do firme de rodadura na pista de acceso á zona da praia fluvial

-         

Limpeza de todo o entorno e a propia zona de praia

-         

Instalación de aseos para uso dos bañistas

-         

Instalación de boias para sinalar a zona de baño e a zona de acceso de embarcacións

 

Os responsables municipais teñen a vontade de realizar un seguimento continuo desta praia fluvial de Areeiros, na parroquia de Guillarei, que pola súa proximidade ao núcleo urbano tudense recibe un alto número de bañistas e cómpre un mantemento das súas instalacións e entorno. Ao tempo que o Concello chama aos bañistas e usuarios desta praia a colaborar na súa limpeza e coidados respectando unhas elementais normas de conducta cívica en beneficio de todos.