Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello disporá de tres bolsas de práctica laboral para titulados

11/01/2013

O CONCELLO DE TUI DISPORÁ DE TRES BOLSAS DE PRACTICA LABORAL PARA TITULADOS

Ao abeiro dun programa de Deputación Provincial

 

Xoves, 10 de xaneiro de 2013. O Concello de Tui contará con tres bolsas para a realización de práctica laboral destinadas a mozos titulados universitarios sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Estas bolsas forman parte dun programa da Deputación Provincial de Pontevedra que convoca 195 bolsas en toda a provincia de Pontevedra.

 

No caso do Concello de Tui as bolsas convocadas son as seguintes bolsas:

-         

1 para Diplomado ou graduado en Turismo

-         

1 para licenciado ou graduado en Periodismo

-         

1 para arquitecto técnico

 

Poden presentarse a estas bolsas os interesados que cumpran os seguintes requisitos

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público.
  6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización.
  7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
  8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
  9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

 

Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes por beneficiario, e o prazo de presentación das instancias diante da Deputación Provincial de Pontevedra, coa documentación requirida en cada caso, remata o 25 de xaneiro de 2013.

 

Os interesados poden consultar as bases e os impresos de solicitude no seguinte enlace: http://www.depontevedra.es/?1,29866

 

Para o Concello de Tui está convocatoria amais de contribuír á formación de mozos titulados do noso municipio redundará nunha mellora na prestación dos servizos municipais coa incorporación temporal destes bolseiros.