Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui terá as súas instalacións deportivas cardio-protexidas

20/06/2013

Mércores, 19 de xuño de 2013. No ano 2012 o Concello de Tui adquiriu con fondos propios tres desfibriladores que se instalaron no Novo Pavillón Deportivo Municipal, no Centro Interfederado e nas instalacións deportivas “Álvarez Durán”.

 

Para este ano 2013, e subvencionados ao 50% pola Deputación de Pontevedra, instalaranse tres novos desfibriladores, esta vez nos campos de fútbol de Ribadelouro e Caldelas, así como no Pavillón da Macoca.

 

O pasado xoves, no Centro Interfederado, realizouse un curso de RCP e manexo de desfibriladores semiautomáticos, organizado pola Deputación de Pontevedra, nel que asistiron dezaoito persoas, procedentes de A Guarda, Tomiño, Oia e Tui.

 

Coa instalación destes tres novos desfibriladores, as instalacións deportivas tudenses quedarán protexidas ante os posibles casos de parada cardíaca, o que pon de manifesto o interese do equipo de goberno tudense por manter a seguridade dos deportistas e espectadores que cada día realizan exercicio na nosa cidade.