Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui organiza dous cursos de Prevención de Riscos Laborais en colaboración coa Fundación Laboral da Construción

4/05/2021

O prazo de inscrición ampliouse até o 21 de xuño. As prazas son limitadas.

O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción organiza en Tui dous cursos de prevención de riscos laborais na construción. Está previsto que se impartan no mes de xuño.

Trátase dun curso Básico de Prevención en Riscos Laborais cunha duración de 60 horas, e dun curso de Prevención Específico, de 6 horas lectivas. Para a realización do curso específico terán preferencia as persoas que realicen o curso básico, amais aquelas outras interesadas deberán presentar a documentación acreditativa de posuír o curso básico. Estas actividades formativas van dirixidas a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.

As persoas interesadas teñen que inscribirse enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal. Deben indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde para realizar o curso.  A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición. Ampliouse o prazo de inscrición até o luns  21 de xuño. 

Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.

Documentos Adjuntos: