Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Concello de Tui executou a demolición das antigas oficinas de Cam-Fram na avenida da Concordia logo de acadar un acordo coa propiedade

23/02/2021

A edificación, sita na avenida da Concordia, un dos principais viais de acceso a Tui, levaba máis de trinta anos nunha situación de estado ruinoso. Estaba composta de dúas unidades físicas, unha xa estaba derrubada parcialmente e a outra aínda se mantiña intacta pero tamén xeraba moito feísmo na zona e tamén atopábase en estado de semiruina.

O concello foi o encargado de acometer a demolición da infraestrutura, que está en terreos privados, aínda que cedidos ao concello para a celebración do Mercadillo dos xoves. A obra puido ser posible despois de negociar coa entidade mercantil unha ampliación do plazo  da superficie de cesión, comprometéndose o concello ao derribo das dúas edificacións en ruina.Asemade o Concello de Tui está traballando noutro edificio sito tamén nas unidades de execución de Cam-Fram, este si de titularidade municipal, no que se está a redactar o proxecto para a sua rehabilitación, proxecto no que se contempla a cubrición da estrutura do edificio de xeito temporal en tanto non inicien as obras de acondicionamento, a fin de garantir a seguridade no mesmo e tamén eliminar o feísmo nese ámbito urbano.

A seguinte actuación na zona, despois da conclusión da apertura da rúa Ourense, será a execución do proxecto de humanización da avenida da Concordia, ao igual que se está a facer na rúa Colón, obra que se espera dea comezo a principios do vindeiro ano, a fin de dignificar as entradas a cidade tudense.