Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e o Centro de Transfusións de Galicia impulsan unha campaña de doazón de sangue no municipio

10/08/2011

O Concello de Tui e o Centro de Transfusións de Galicia impulsan unha campaña de doazón de sangue no municipio

Haberá unha unidade este venres e sábado na Praza de Galicia

 

Mércores, 10 de agosto de 2011. O   Concello  de TUI e o Centro  de  Transfusión  de  Galicia  impulsan  a  participación  dos  veciños e veciñas  na  doazón  de  sangue coa campaña “Este verán salva vidas. O teu sangue é vida. Compártea”

 

Deste xeito o  Concello  de  Tui  e  o  Centro  de  Transfusión  de  Galicia  (CTG), impulsan  unha  iniciativa  que  ten  como  obxectivo  promover a  participación  dos  veciños  e  veciñas  nas  campañas  de  doazón  de sangue,  e  deste  xeito  garantir o  correcto  desenvolvemento  do  labor  asistencial  nos  centros  sanitarios  galegos,  que  van   precisar  ao  redor  de  30.000  doazóns  de  sangue  nos  meses  de  verán  para  cubrir  todas as  necesidades.

 

As  persoas  que  desexen  participar  poden  acudir  á  unidade  móbil  do  CTG  a  que estará este venres e sábado na Praza de Galicia en Tui. O venres poderase doar de 10 a 14 e de 16 a 21h, e o sábado de 10 a 15h.

 

Mediante  esta  iniciativa, que se está a desenvolver este verán preténdese  mellorar a  información  sobre  este  acto altruísta, para que a participación solidaria dos veciños do concello chegue aos nosos hospitais co obxectivo de compartir a nosa saúde e salvar vidas.

 

O  Concello e o  Centro de Transfusión de Galicia,  amosan  o  seu  agradecemento  a   todos os veciños que  participan  cada  ano  nas  campañas  de  doazón  de  sangue  e  permiten  deste  xeito  que  moitos  enfermos  recuperen  a  súa  saúde, e necesario incrementar a participación para que Tui siga sendo uns dos concellos mais solidarios de Galicia acadando o índice recomendado pola OMS.

 

Durante o ano 2010 o Concello de Tui  acadou un total de 869 doazóns de sangue. Esta cifra supuxo manter a participación e representa unha taxa de 50 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.

 

O obxectivo do Centro de Transfusión de Galicia neste concello pasa por incrementar participación dos veciños e veciñas, para que a  taxa de doazón do Concello de Tui  se manteña nas cotas mais altas de solidariedade.

 

Por este motivo o alcalde, Moisés Rodríguez, fai un chamamento á poboación a achegarse este venres e sábado ata a unidade móbil na Praza de Galicia e doar sangue. Nese senso lembra que este é un xesto altruísta que non doe que non supón ningún risco para a saúde, e que amais pode salvar vidas.