Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e a Camara de Valença distribuián o libro da Eurocidade a cambio dun paquee solidario de nadal.

28/11/2013

Mércores, 27 de novembro de 2013. O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença teñen acordado proceder á distribución entre os veciños de ambas cidade do libro turístico sobre a  Eurocidade recentemente editado a cambio dun paquete solidario de Nadal destinado a aqueles veciños con menores posibilidades económicas.

 

Deste xeito ambos municipios procederá á entrega dun exemplar do libro a cada veciño interesado que, presentando o seu documento de identidade, achegue un lote de produtos navideños que logo serán distribuídos polos servizos sociais de ambos concellos.

 

Con esta medida preténdese asegurar que esta publicación poida chegar a todos os veciños interesados na súa adquisición.

 

Cada municipio procederá á distribución dun lote de 300 exemplares destinado a esta finalidade e se realizará os días 2 ao 6 de decembro na Casa do Concello de Tui (en horario de 09,00 a 14,00 h.) e no Pazo Municipal de Valença.

 

Con esta medida os rexedores de Valença e Tui queren garantir o acceso de todos os veciños interesados a esta publicación expresando a solidariedade cos mais desfavorecidos.