Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello de Tui e a asociación profesional de guías Turísticos organizan visitas guiadas á cidade de Tui

1/07/2013

Dende mañá, de martes a domingo ás 11,30 h con saída da Oficina de Turismo

 

Luns, 1 de xullo de 2013. O Concello de Tui, a través da Concellería de Turismo, e a Asociación de Guías Profesionais de Galicia (APIT) retoman, tras a experiencia exitosa do pasado ano, o programa de Visitas Guiadas peonís pola cidade de Tui nesta nova tempada 2013.

 

As visitas realizaranse durante os meses de xullo e agosto de martes a domingo ás 11.30h e o punto de encontro será a mesma Oficina de Turismo situada na Praza de San Fernando


Farase un percorrido de 90 minutos a través da historia e da beleza do casco histórico tudense, pasando polos recunchos máis importantes da cidade en compañía de guías oficiais de turismo. Trátase dunha visita para coñecer a historia e a beleza do casco histórico tudense, pasando polos lugares máis importantes da cidade monumental.

 

O prezo será de 7€, con tarifa reducida de 3€ para peregrinos e residentes na eurocidade Tui-Valença, sendo gratuíto para os menores de 12 anos.


Para información  contactar directamente na oficina de turismo de Tui ou a través dos teléfonos 677418405 ou no 655757988.


Con esta proposta o Concello de Tui oferta unha nova actividade dirixida á posta en valor e divulgación do conxunto patrimonial tudense e que levarán adiante profesionais competentes nesta materia.