Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui colabora coas actividades culturais das diversas parroquias tudenses

30/08/2013

Agora coa “Semana Cultural” de Randufe dando continuidade a este labor de apoio ao tecido asociativo das parroquias

 

Xoves, 29 de agosto de 2013. Ao longo destas xornadas a parroquia de Randufe está celebrando a súa tradicional “Semana Cultural” con actividades de caracter cultural, deportivo e de lecer. No desenvolvemento desta “Semana Cultural” colabora activamente o Concello de Tui con axudas económicas e de medios materiais e humanos que contribúen ao éxito desta convocatoria

 

Esta cooperación forma parte da labor activa que O Concello de Tui realiza coas asociacións culturais do municipio, co obxectivo de promocionar as actividades das mesmas así como de consolidar o tecido asociativo do noso municipio.

 

Estes días é coa parroquia de Randufe, como na pasada semana foi con Caldelas e en datas inmediatas será nas parroquias de Guillarei e Pazos de Reis onde o Concello de Tui patentiza este traballo de apoio ao tecido asociativo das parroquias e as súas iniciativas de caracter social e cultural.

 

A través do seu apoio con recursos humanos, económicos e mesmo de caracter administrativo –para xestionar axudas doutras institucións-, fomentando que os diversos colectivos das parroquias tudenses dispoñan dos recursos necesarios para celebrar as súas respectivas festas e actividades que enriquecen a vida das nosas parroquias.