Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello de Tui adxudicara nos vindeiros días a obra de reparacion do saneamento na zona do paseo fluvial do rio Miño

30/08/2013

Na mañá de onte, 29 de agosto, tivo lugar a apertura das propostas presentadas á licitación da obra de “Reparación de saneamento e conexión á rede xeral do río Louro no Paseo Fluvial” cun orzamento de licitación que acada os 11.892,42 euros financiados integramente con fondos propios do Concello tudense. Esta obra queda pendente unicamente da súa adxudicación na Xunta de Goberno Local a celebrar na vindeira semana.

 

Deste xeito en moi breve prazo comezarán as obras de reparación deste problema existente na rede de saneamento na zona do Paseo Fluvial, unha vez cumprimentado todo o procedemento administrativo necesario e logo de acadar os correspondentes permisos das administración públicas con competencia na materia. Coa inminente adxudicación desta obra queda en evidencia que o goberno municipal veu traballando con responsabilidade na solución definitiva deste anómala situación.