Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde participa no programa "Somos Portugal" da TVI emitido desde Valença

7/01/2014

O ALCALDE DE TUI CONVIDADO NO PROGRAMA “SOMOS PORTUGAL” DE EMISIÓN EN DIRECTO

 

Por segundo ano consecutivo, o alcalde de tui, Moisés Rodriguez, participou no programa “Somos Portugal” da televisión portuguesa TVI, que o pasado domingo 5 de xaneiro facía a súa emisión en directo desde a veciña Valença co motivo da cabalgata internacional.

 

Xunto ao presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro, Moisés Rodríguez participou nunha terturlia do programa que, xunto a outras entrevistas e actuacións en directo, emitiuse para toda Portugal durante seis horas facéndose eco da evolución da Cabalgata de Reis internacional.

 

Para o alcalde de Tui a participación un ano máis neste programa de emisión nacional en Portugal potencia a comunicación a toda a cidadanía dos lazos cada vez máis estreitos que unen a Eurocidade Tui-Valença e os esforzos colectivos que cada ano se van tomando. Un dos casos testemuñais é o da Cabalgata Internacional de Reis que amosa a colaboración das dúas localidades fronteirizas por compartir actividades culturais que beneficien aos cidadáns de ambos lados do río Miño.