Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O 26 de outubro únete a volta - festa da bicicleta en Tui

17/10/2013

Xoves, 17 de outubro de 2013. O próximo martes, 22 de outubro, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade ÚNETE A VOLTA TUI (Festa de Bicicleta), organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Tui, que se realizará  o sábado 26 de outubro, a partir das 17.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, da deputada provincial de Deportes, Begoña Estévez, do concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, así como polo responsable da organización do evento, o ex ciclista Marcos Serrano.