Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña venres inauguración de duas exposicións: “Plumillas de S. Argüelles e Cerámicas de J. Trigo e Emilia Rosende” e “Con pes e cabeza”

26/04/2012

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá ás 20,30 horas a inauguración de senllas exposicións. Por unha banda, na Sala Municipal abre ao público unha exposición de combina as “Plumillas” de Severino Argüelles e as cerámicas de José Vázquez Trigo e Emilia Rosende. De seguido na zona Anexo se inaugurará unha mostra titulada “Con pes e cabeza: un percorrido polos calzados e tocados populares de Galicia”.

 

Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, con estas dúas novas exposicións esta Sala Municipal amplía a  súa dinámica pois xunto a unha exposición de promoción da arte, como son as plumiñas de S. Argüelles e as cerámicas artesanais dos tudenses José Vázquez Trigo e Emilia Rosende, poderemos contemplar na zona Anexo unha mostra de grande interese centrada na indumentaria popular de Galicia, en concreto unha escolma dos tocados e os calzados usados tradicionalmente polas xentes de Galicia. Esta diversidade de temáticas enriquece a oferta cultural da nosa cidade.

 

Severino Argüelles del Gallego ofrécenos unha escolma da súa producción de plumiñas centradas especialmente nas paisaxes con numerosas referencias á cidade de Tui. "Los trabajos de plumilla (blanco-negro) no trasladan al observador los efectos cálidos de la acuarela o el pastel, ni tampoco las sensaciones de realismo del óleo pero en ocasiones nos presentan unas imágenes casi fotográficas en paisajes urbanos reforzando los efectos luz -sombra. En la obra de Argüelles esto se acentúa más con la utilización de aguadas buscando distintas tonalidades de grises y negros al objeto de encontrar contrastes cromáticos en ausencia de color."

 

José Vázquez Trigo e Emilia Rosende son un matrimonio tudense que leva moitos anos traballando no mundo da cerámica e que agora nos ofrecen unha selección das súas obras de modelado. Emilia Rosende é unha persoa amplamente coñecida na nosa cidade polos seus traballos poéticos e pola súa actividade asociativa, centrada especialmente, na “Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño”, e que con esta exposición nos amosa unha nova faceta da súa personalidade.

 

Finalmente a exposición “Con pes e cabeza: un percorrido polos calzados e tocados populares de Galicia”, esta mostra reúne unha ampla colección particular de sombreiros e tocados diversos así como de diversos tipos de calzado empregados polas xentes de Galicia. Trátase pois dunha mostra de pezas que recolles as usadas como elementos de protección de pés e cabeza en Galicia ao longo dos últimos séculos. Dende as sinxelas sandalias, alpargatas ou marañóns para os pés... ata as cofias, boinas ou curiosos sombreiros para as cabezas.

 

Esta exposición está coordinado polo artesán e investigador etnográfico Rafael González Goianes e conta coa colaboración do Museo Liste de Vigo.