Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres inauguración da exposición "Paisajes cercanos" de Antonio Abad

7/07/2011

MAÑA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “PAISAJES CERCANOS” DO PINTOR ANTONIO ABAD

 

Mañá venres 8 de xullo, ás 20,00 horas, inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edif. Área Panorámica, rúa Colón, 2) a exposición do pintor Antonio Abad que baixo o titulo “Paisajes cercanos” amosa unha escolma da máis recente producción deste acreditado artista radicado na actualidade na parroquia tudense de Pexegueiro.

Antonio Abad realiza a súa formación en Vigo e Madrid, e na cidade olívica posúe o seu estudio-taller ao longo de moitos anos. Dende 1990 ten realizado numerosas exposicións ao longo da Península Ibérica e noutros lugares de Europa como París ou Siena e no ano 2000 amosa a súa obra en Nova York. Premiado coa “Mención de Honra” no Salón Internacional de Plástica Latina celebrado en Francia no ano 1998, logrando outros galardóns prestixiosos no 3º Salón Internacional de Artes Plásticas ACEA de Barcelona no ano 1991, ou no VII Trofeo Remo Brindisi de Ferrara (Italia). No ano 2003 é seleccionado para participar nunha mostra itinerante, patrocinada pola Unesco, de grandes pastelista europeos que percorre Italia e viaxa ata San Petersburgo.

O critico Francisco Pablos ten escrito sobre Antonio Abad: Es preciso contar con este pintor, absolutamente intemporal, es decir, clásico, aunque haya aspectos en su obra muy modernos, y toda ella sea de una frescura atrayente, casi inefable. Una paleta caliente, aunque calculadamente atemperada, y un seguro dominio de la gama oscura, de negros y azules ultramar, tan difíciles sobre todo en el pastel, dan a la obra de Antonio Abad ese clima propio, que sin pretender alardes es, en su misma aparente sencillez, todo un alarde.                                         

Para a concelleira de cultura do Excmo. Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, esta nova exposición serve para amosar ao público tudense e a cantos visitantes se achegan á nosa cidade nesta tempada veraniega, a obra deste recoñecido pintor que enriquece a programación da Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense. A obra de Antonio Abad, pola súa capacidade cromática, polo seu dinamismo, pola súa capacidade de describir paisaxes onde a luz xoga un papel fundamental... suscitará o interese dos visitantes, afirma a concelleira Rodríguez Pereira.

A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro 29 de xullo.