Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes charla coloquio sobre seguridade dos nenos nos vehículos

1/07/2013

Luns, 1 de xullo de 2013. Mañá martes, 2 de xullo, a Policía Local de Tui organiza unha charla-coloquio sobre as normas de seguridade que deben cumprir os menores de 12 anos de idade que viaxen en vehículos. Nesta charla que se realiza a petición dun colectivo de nais se informará sobre a normativa vixente que deben cumprir as “sillas” homologadas para bebés e nenos, a súa colocación no interior do vehículo, etc.

 

Esta conferencia estará impartida por Carlos Alvarez, axente da Policía Local tudense especializado nesta temática.

 

Este charla coloquio terá lugar na Sala Félix Rodríguez González o martes 2 de xullo ás  19:30 horas.

 

Con esta conferencia comeza un ciclo de actividades que promove o Concello de Tui, a través da concellería de tráfico e seguridade, para achegar o traballo da Policía Local aos cidadáns e promover o coñecemento e respecto das normas de circulación, de seguridade cidadán, de seguridade vial dirixidas a colectivos específicos. No caso que nos ocupa ás familias, pero tamén haberá actuacións dirixidas a escolares, mozos, anciáns, etc.