Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá comeza un curso de deshabituación tabáquica organizado polo Concello de Tui

4/02/2014

Martes, 4 de febreiro de 2014. Mañá mércores, 5 de febreiro, dará comezo o curso de deshabituación tabáquica que organiza o Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde,  de 18.30 a 20.00 horas nas instalacións da Area Panorámica.

Dende a Concellería de Servizos Sociais, anímase a todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar e non o conseguen, a participar nestes cursos pois este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo.