Lista de admitidos no proceso de selección para a contratación laboral temporal de catro auxiliares de Policía Local
DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA:
Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
“Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal de CATRO AUXILIARES POLICIA LOCAL do Concello de Tui mediante o sistema de acceso libre, e que foi convocado mediante resolución de alcaldía de data 28 de xullo de 2011, e publicada no Faro de Vigo de data 29 de xullo de 2011, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Aprobar provisionalmente a lista de admitidos e excluidos do proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:
ADMITIDOS.
-Gómez Rivera, José Manuel.
-Fernández Portela, Ismael.
-Gregores Carrera, Domingo.
-Rodríguez Muñiz, Raquel.
-Souto Taboada, Coromoto.
-Fernández Estévez, María Luisa.
EXCLUIDOS:
-Seoane Rodríguez, José Manuel. (non achega fotocopia DNI e copia cotexada do Curso Básico de Auxiliares da Policia Local da AGSP)
SEGUNDO.- Expoñer ao público o listado provisional de admitidos e excluidos, no taboleiro de anuncios do Concello durante un prazo de tres días hábiles, aos efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen oportunas.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a once de agosto de dous mil once.
Visto e Prace
O ALCALDE