Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inscricions para as escolas eportivas de patinaxe, fútbol e balonmán

11/09/2013

Son as Escolas Deportivas subvencionadas pola Deputación de Pontevedra no Concello de Tui

 

Mercores, 11 de setembro de 2013. Neste novo curso contaremos de novo no Concello de Tui coas EEDD da Deputación de Pontevedra. As mesmas, que teñen carácter gratuíto, contarán coas tres modalidades deportivas dos anos pasados:

 

  • Patinaxe, a través da Federación Galega de Patinaxe e o Club Ribex
  • Balonmán, a través da Federación Galega de Balonmán e o Club Balonmán Tui, e
  • Fútbol, a través da Federación Galega de Fútbol e o Club Deportivo Ribadelouro

 

 

PATINAXE

 

A vindeira semana abrirase o prazo de inscrición na Escola Deportiva de Patinaxe. Esta actividade, que o ano pasado contou con 140 nenas/os, continuará no noso concello, os luns e os mércores, e irá dirixido a participantes de 5 a 15 anos.

 

As inscricións levaranse a cabo nas seguintes datas, presentando a solicitude de inscrición cumprimentada:

 

  • Patinadoras/es participantes nas EEDD de Patinaxe no ano 2012-2013, inscribiranse os días 16, 17, 18 e 19 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, na secretaría do Concello de Tui.
  • Patinadoras/es novas/os, inscribiranse o día 20 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, e o día 21, dende as 09.00 ata as 13.00 horas.

 

BALONMÁN

 

Con máis de 200 participantes na tempada 2012-2013, a actividade de balonmán seguirá sendo subvencionada pola Deputación e realizada polos monitores do Club Balonmán Tui.

 

As inscricións poderanse realizar directamente nos colexios, presentando a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada.

 

FÚTBOL

 

Esta actividade realizarase este ano de novo no Campo Municipal de Fútbol de Ribadelouro, cos adestradores do Club Deportivo Ribadelouro.

 

A actividade irá dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos, sento totalmente gratuíta.

 

As inscricións realizaranse no Concello de Tui, presentando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada, dende o luns 16 ata o venres 20 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, ou no Campo Municipal de Ribadelouro, de luns a venres de 18.30 a 21.00 horas, cos responsables do club.

Ficha Inscrición Escolas Deportivas Deputación Pontevedra