A I Travesia a nado Valença - Tui celébrasse o vindeiro sábado 20 de agosto
“I Travesía a Nado Ponte Internacional Tui – Valença do Minho”
A proba suspendida por motivos da climatoloxía adversa se celebrara o sábado 20 de agosto, ás 19.00 horas.
O Club de Actividades Acuáticas do Alto Miño en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho organizan a “I Travesía a Nado Ponte Internacional”
A actividade, que foi datada para o día 6 de agosto, suspendeuse debido ás condicións climatolóxicas adversas.
A nova data será o sábado 20 de agosto, ás 19.00 horas, sendo a concentración dos nadadores na praia da mariña, ás 17.30 horas, dende onde partirán ás 18.30 horas en autobús ata o Cais de Portugal, lugar de saída da proba.
As inscricións, que se pecharán ás 18.30 horas, son gratuítas e pódense apuntar todos aqueles nadadores maiores de 10 anos, aínda que os menores de idade teñen que entregar unha autorización para participar.
Para apuntarse será necesario enviar a solicitude ao correo electrónico seguinte: deportes@concellotui.org. O formulario pode descargarse en http://concellotui.org/archivos/documentos_33_o.pdf
Más información nese correo electrónico ou no teléfono 696.482.245