Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Feira da Cabaza chega na última de semana de outubro ao centro urbano

23/10/2021

Haberá obradoiros, demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andainas… o sábado 30 e o domingo 31

A I Feira da Cabaza que dende comezos deste mes de outubro se está a celebrar nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns chega na derradeira fin de semana do mes ao centro urbano. Así o sábado 30 e o domingo 31 o Paseo da Corredoira acollerá un amplo programa de actividades organizado polo Concello de Tui coa colaboración da Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas,  da   Comunidade de Montes de Baldráns, da Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, da Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, da Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, do Pancho Cultural de Randufe, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns e do Club deportivo Andatui.

Así a Corredoira acollerá exposición e venda de cabazas pero tamén un amplo programa para todos os públicos. Os showcooking previstos dentro da iniciativa Eurochef de Eurural correrán a cargo dos chef Iván Méndez, Alejandro Iglesias, Miguel Rodríguez e Javier Freijeiro e do resposteiro Óscar Romero.  Amais actuarán a Banda de Gaitas Arume de Malvas, Micalip’s, a Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva  San Telmo de Tui e o Grupo NoAllKansas. O domingo ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a vista guiada por AndaTui para coñecer ás pozas e regadíos vinculados ao cultivo da cabaza. O domingo ás 17 h celebraranse talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores. Amais tanto o sábado coma o domingo, de 19 a 1h, o Cárcere Vello transformarase en “A caverna do terror”, cun espectáculo ambientando con efectos especiais, iluminación, son, ….e cheo de sorpresas para o público a partir de 8 anos.

I Feira da Cabaza.

  • Paseo da Corredoira, Tui
  • Sábado 30 e domingo 31
  • Exposición e venda de cabazas
  • Sábado 30 de outubro
    • Ás 11.00 h apertura da feira. Inauguración.
    • Ás 12:00 h Showcooking co chef Iván Mendez. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural.   Degustación con protocolo covid.
    • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Banda de Gaitas Arume de Malvas.
    • Ás 18.00 h Showcooking co chef Alejandro Iglesias. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
    • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.
    • Ás 20.00 h concerto de Micalip´S. Paseo da Corredoira.
  • Domingo 31 de outubro
    • Ás 10.00 h Visita guiada por Tui coa colaboración de AndaTui. Saída: Praza da Inmaculada
    • Ás 10.00 h apertura da feira.
    • Ás 11.30 h recoñecemento e entrega de premios ás asociación participantes
    • Ás 12.00 h Showcooking a cargo dos chefs Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Baiona e coordinador do Parador de Tui e tudense Javier Freijeiro propietario do restaurante PRACER na Coruña. Degustación con protocolo covid.
    • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva  San Telmo de Tui. Paseo da Corredoira.
    • Ás 17:00 h talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores
    • Ás 18.00 h Showcooking a cargo do mestre pasteleiro tudense Óscar Romero. Degustación con protocolo covid.
    • Ás 20.00 h Concerto do Grupo NoAllKansas.  Paseo da Corredoira. 
    • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.