Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición "Unidade pola paz" dos alumnos do CEIP Nº2 de Tui

28/01/2014

Martes, 28 de febreiro de 2014. A Sala Anexa de Exposicións da Área Panorámica de Tui acollerá este xoves, 30 de xaneiro, a exposición de murais “Unidade pola paz” dos alumnos do C.E.I.P. número 2 de Tui.

Con motivo do Día Internacional da Paz, a Asociación de Pais e Nais do C.E.I.P. Nº2, coa colaboración do Concello de Tui,  organiza unha exposición cun total de 21 murais feitos polos cativos do colexio para concienciar sobre a paz no mundo baixo o lema “Unidade pola Paz”.

O visitante atopará murais realizados por rapaces de 3 a 12 anos nos que poderá apreciar a visión do que a paz significa aos ollos dun cativo.

A exposición estará aberta ao público desde este xoves ata o venres 14 de febreiro en horario de mañá e tarde de luns a venres, e sábados ata ás 13h.