Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade convoca un concurso para a elección do seu logotipo/imaxe corporativa

4/04/2013

Xoves, 4 de abril de 2013. En Febreiro de 2012 a Câmara Municipal de Valença e o Concello de Tui asinaron o protocolo de creación da Eurocidade Valença/Tui e Tui/Valença para afondar na cooperación e cohesión mutua e como expresión do irmanamento entre ambas cidades, ao longo da historia. Agora como elemento identificativo da Eurocidade cómpre a creación dunha imaxe gráfica e corporativa institucional desta Eurocidade.

 

A presentación do traballo estará formada pola impresión do Logotipo a cores (se fose o caso), en papel A3 branco con orientación horizontal, montado nun soporte ríxido (cartón, k-line). O concursante presentará tamén unha aplicación do logotipo en soportes de Merchandising, (camiseta, mochila deportiva e un soporte de regalo institucional) a escoller polo participante.

 

Ao vencedor será concedido un único premio no valor de 1.000,00 euros, o cal será aboado en partes iguais polos promotores do presente concurso.  O vencedor fica suxeito ás disposicións fiscais vixentes, especialmente no referente ás retencións fiscais, que serán aplicadas pola Câmara Municipal de Valença ou polos Servizos Económicos do Concello de Tui, segundo o caso.

 

O prazo de entrega e recepción dos traballos terminará ás 17 horas, do día 17 de Abril de 2013.  Os traballos deben ser entregados ou enviados, debidamente embalados e libres de portes en:

Câmara Municipal de Valença

Praça da República

4930-702 Valença

En horario laboral - 09h ás 12h30 e 13h30 ás 17h  (hora local)

 

Concello de Tui

Praza do Concello, 1

36700 Tui

En horario laboral - 09h ás 14h (hora local)

Biblioteca Municipal de Tui

Rúa Colón, 2

36700 Tui

 

En horario de 09h ás 14h e das 16h30 ás 20h30 e aos sábados das 09h ás 13h.

 

A decisión do xurado será feita pública no día 22 de Abril, no painel dos editais da Câmara Municipal de Valença e no taboleiro de anuncios do Concello de Tui, sen prexuízo da correspondente notificación ao vencedor do concurso e da súa publicación nos medios que os organizadores consideren oportunos.

 

As bases do certame poden consultarse na páxina web do Concello de Tui (www.concellotui.org) e da Cámara Municipal de Valença (www.cm-valenca.pt).