Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este xoves a corporación municipal celebra pleno ordinario

28/01/2020

A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 30 de xaneiro, ás 20 h pleno de carácter ordinario coa seguinte orde do día: 

A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº 15/2019, do 28
de novembro .
2º.- Expediente 2405/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais realizada o día 23/01/2020 de proposta da Alcaldía, de data 18/12/2019, sobre aprobación inicial do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Tui.
3º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais realizada o día 23/01/2020 de proposta sobre creación dun "SKATEPARK" no centro de Tui.
4º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais realizada o día 23/01/2020 sobre instar a Renfe o mantemento do servizo  de venda presencial de billetes na estación de ferrocarril de Guillarei e outros.
5º.- Mocións de Urxencia.

B).- Actividade de control:
6º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de decembro de 2019
e xaneiro do 2020.
7º.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía:
 Do nº 1375 de data 22/11/2019 ata o nº 1558 de data 31/12/2019.
Do nº 1 de data 02/01/2020 ata o nº 62 de data 24/01/2020.

C).- Rogos e preguntas:
8º.- Rogos e preguntas
 

Ver convocatoria