Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase a 4ª Andaina Eurocidade 2012 – Camiño do Mosteiro

25/04/2012

Sairá ás 9 hora española do adro da Igrexa de San Miguel de Pexegueiro

 

Este domingo, 29 de abril, realizarase a cuarta Andaina Saudable Eurocidade 2012, “Camiño do Mosteiro”, organizada pola Eurocidade Valença – Tui.

 

O punto de encontro será o adro da Igrexa de San Miguel de Pexegueiro, ás 09.00 horas (españolas). Para todas aquelas persoas que non coñezan esa localización, quedarase ás 09.00 horas españolas na gasolineira da Repsol a carón do Parador de Tui. O percorrido terá unha duración de aproximadamente 4h e o grao de dificultade é medio.

Breve descrición:

Comezarase na Igrexa parroquial de Pexegueiro, interesante mostra dun dos románicos mais belos, pertenceu a un antigo mosteiro dependente de Oia. Do histórico acceso a este conxunto dende a cidade de Tui permanece o tramo de camiño enlousado que nos leva a cruzar a vella ponte do río Furnia.

Durante esta camiñada sortearemos o Furnia e os seus muíños ata internarnos nos montes de Pexegueiro  que dan linde ao veciño Concello de Tomiño, bordearemos a parroquia por pistas anchas e sombreadas en dirección a área recreativa de SanNomedio (ou SanMamede) na Parroquia de Malvas. Un arboredo fresco pon marco a romaría anual que se celebra nos meses do vran.

Xa de volta, o río Furnia, as súas pontes e o antigo muíño e  aserradeiro de madeira volven a guiar o noso camiño de volta ata  o Mosteiro.

 

Punto de encontro:

Atrio da Igrexa de San Miguel de Pexegueiro

Coordenadas         42º  2'30" N / 8º 41' 53" O (ver en Google Maps )