Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Entrega de diplomas do curso do programa de inclusión

10/07/2013

Mañá mércores 10 de xullo ás 11,00 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui a entrega de diplomas aos 20 alumnos participantes no curso de “Xestión doméstica” do programa de inclusión promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Tui.

 

Neste acto estará presente o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez e a concelleira de servizos sociais, Olga Montes Moldes e un representante da Xunta de Galicia.