Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Destacados expertos e expertas en Educación danse cita no I Congreso Internacional na Eurocidade Tui-Valença

9/03/2023

Será inaugurado mañá venres ás 18 h ES no auditorio da ESCE en Valença. O sábado celebrarase no Teatro Municipal de Tui.

Destacadas persoas expertas en educación a nivel nacional e internacional participarán no I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença que durante dúas xornadas, venres e sábado, se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.

As reformas educativas, o debate curricular sobre o perfil de saída, a avaliación competencial, serán algún dos temas que se aborden neste Congreso no que hai inscritas máis de 300 persoas tanto de España coma de Portugal, moitas delas docentes, estudantes, membros de ANPA’s,… As persoas interesadas poden acudir distintas ponencias e mesas redondas o venres á tarde no auditorio da ESCE en Valença e o sábado, tanto pola mañá coma pola tarde, no Teatro Municipal de Tui, até completar o aforo de cada un dos espazos. A xornada do sábado será retransmitida en directo a través da canle de YouTube do Concello de Tui.

Na inauguración deste I Congreso de Educación Tui-Valença, mañá venres, ás 18 h ES, no auditorio da ESCE en Valença, participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira; o secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Manuel Vila López; o secretario de Estado de Educación do Ministerio de Educación y Formación Profesional, José Manuel Bar Cendón; o  secretário de Estado da Educação do Ministério da Educação, António Leite; Florencio Luengo do proxecto Atlántida e Ariana Cosme, dos Equipos de Investigación da Universidade de Porto.

A continuación, ás 18.30 h terá lugar a ponencia inicial “As claves internacionais das Reformas educativas no mundo” por parte do catedrático de Didáctica da UNED e exasesor de Educación do Banco Mundial, Juan Manuel Moreno Olmedilla. A ponencia será moderada por Ariana Cosme da Universidade de Porto.

Ás 19.15 h ES Mónica Domínguez, directora general de Evaluación y Cooperación Territorial do Ministerio de Educación e FP, e Maria João Horta,  subdiretora geral na Direção-Geral da Educação, no Ministério da Educação de Portugal abordarán “As claves das reformas educativas en España e Portugal”, nunha conferencia que moderarán a concelleira de Educación de Tui, Sonsoles Vicente, e o vereador de Educação de Valença,  Arlindo de Sousa.

Por último, ás 20.30 h ES para pechar esta primeira  baixo o título “O debate curricular sobre o perfil de saída e outras claves nas Reformas de Portugal e España” terá lugar un panel de expertos no que participarán José Moya Otero, da Universidad de Las Palmas, e Ariana Cosme da Universidade do Porto, Portugal. Moderarán Florencio Luengo coordinador do grupo Atlántida e Daniela Ferreira dos equipos de investigación da Universidade de Porto. 

Xa o sábado a actividade do congreso trasladarase ao Teatro Municipal de Tui centrándose nesta segunda xornada na educación por competencias, a aprendizaxe inclusiva, e o perfil profesional docente.

Programa

Venres, 9 de marzo de 2023

Auditorio da ESCE Valença

18.00 h ES Inauguración

  • Jose Manuel Bar, Secretaría de Estado MEFP (España)
  • António Leite, Secretario de Estado de Educación (Portugal)
  • Concellos de Tui e Cámara Municipal de Valença.
  • Consellería de Educación.
  • Moderan Florencio Luengo, Atlántida; e Ariana Cosme, EIP-CIIE Oporto.

18.30 h ES Ponencia inicial “As claves internacionais das reformas educativas no mundo”

  • Juan Manuel Moreno Olmedilla: Catedrático de Didáctica, UNED Madrid. Exasesor de Educación do Banco Mundial.
  • Modera: Ariana Cosme. Universidade de Porto.

19.15 h ES “As claves das reformas educativas en España e Portugal”

  • Mónica Domínguez. Dirección Xeral Ministerio Educación e FP.
  • Maria João Horta, Direccion Xeral de Educación (Portugal)
  • Moderan: Concellerías de Educación de Tui e Valença.

20.30 h ES Panel de Expertos das dúas reformas “O debate curricular sobre o perfil de saíde e outras claves nas Reformas de Portugal e España”.

  • José Moya Otero, Universidad de Las Palmas.
  • Ariana Cosme, Universidad de Porto.
  • Moderan: Florencio Luengo, coordinador Atlántida.
  • Daniela Ferreira (EIP-CIIE-FPCEUP)

No vestíbulo do Auditorio: Exposición de documentos: Materiais didácticos de Portugal e España

Sábado, 10 de marzo de 2023

Teatro Municipal de Tui

10.30 h ES “Desafíos na formación e reconstrución da profesión docente”

  • Antonio Sampaio da Nóvoa. Experto mundial de Historia da Educación. Reitor de honra e profesor Univ de Lisboa.
  • Modera: Decano Facultad de Educación de Ourense

11.15 h Panel de Experiencias Competencias en España zona Tui co CEIP nº1 (Infantil e Primaria) e IES San Paio ( ESO e Bacharelato)

  • Modera: CFR Vigo

12.00 h Panel de Experiencias Competencias en Portugal zona Valença coa AE de Monção, Murallas do Minho, Vila Nova de Cerveira e Caminha.

  • Modera: Director do Centro Profesorado Val do Minho

13.15 h ES Avaliación Competencial e perfil de saída. Ferramentas dixitais por escolas.

  • Portugal. Eusebio Machado.
  • España: Javier Cortés e José Antonio Gómez.
  • Especialistas en Avaliación e plataformas dixitais (Valencia e Extremadura), "Proyecto Atlántida".
  • Modera: Daniela Ferreira (EIP-CIIE-FPCEUP)

16.30 h ES Sustentabilidade, inclusión e D.U.A. no cambio educativo escola-familia-comunidade. Situacións para a aprendizaxe inclusiva.

  • Antonio Bolívar: Catedrático de Didáctica, Universidade de Granada
  • Florencio Luengo, coordinador Xeral "Proyecto Atlántida".
  • Experiencia Portugal. Gabinete Ministerio Educación de Portugal
  • Experiencia España. Juan de Dios Fernández, Atarfe, Granada

17.45 h ES Perfil Profesional Docente.

  • Experiencia Portugal: Luiza Cortesão, IPFP, Univ. Porto.

Perfil Dixital Docente, portfolio e ferramentas.

  • Experiencia España: Fundación Trilema (Carmen Pellicer)
  • Modera: Teresa Domínguez. Asesora e coordinadora Atlántida en Galicia

18.45 h Conclusións e clausura. Cara a unha alianza reforzada. Consello de sutentabilidade e patrimonio.

  • Alcaldía de Tui e Valença
  • Proyecto Atlántida e EIP-CIIE
  • Deputación Provincial Pontevedra
  • Eva Lantarón, Vicerreitora Campus Pontevedra,
  • Universidade Vigo.
    • Rui Trindade, EIP-CIIE-FPCEUP

No vestíbulo do Teatro: Exposición de Experiencias Competenciais de centros e asociacións.