Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Deputada de Benestar Social e o Alcalde de Tui entregan unha aportación de 6776 € da Deputación Provincial á residencia San Telmo de Tui

21/12/2012

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, xunto con diversos membros do goberno municipal, acompañaron onte á mañá á deputada de benestar social da Deputación Provincial de Pontevedra, Marta Iglesias Bueno, e o deputado Pablo Baquero Álvarez, na visita que esta mañá  realizaron á Residencia San Telmo de Tui, o popularmente coñecido polo seu antigo nome de “Asilo” que rexentan as Hermanitas de los Ancianos Desamparados. No decurso desta visita foi entregada en nome da Deputación Provincial de Pontevedra unha achega económica deste organismo provincial por un importe de 6.776 euros

 

No decurso da visita departiron cos residentes que foron agasallados con diverso material festivo e doces como expresión da felicitación navideña.

 

Pola súa banda, o rexedor tudense tamén informou como dende o Concello de Tui se colabora co esta Residencia que desenvolve unha inestimable laboura social cunha subvención de 8.500 euros que vai contemplada nos orzamentos municipais e que expresa o importante compromiso que co benestar social promove o Concello de Tui. Nesta residencia está acollidos máis dun cento de persoas, na súa meirande parte da nosa contorna.