Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Curso básico de prevención de riscos laborais para actividades en invernadoiros en Tui

14/09/2012

O Centro de Formación do Concello de Tui acollerá do 27 de setembro ao 5 de outubro un curso básico de prevención de riscos laborais, con módulos específicos en actividades do sector primario, en concreto, para a actividade en invernadoiro, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible e organizado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ( ISSGA) da Consellería de Traballo e Benestar.

 

Este curso está destinado a traballadores e desempregados do sector agrario contando con ata 35 prazas.

 

Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo para a actividade en invernadoiros

Destinatarios: persoas traballadoras desempregadas e ocupadas do sector agrario

Lugar: Centro de Formación Ocupacional de Tui

Modalidade: presencial

Datas: do 27 de setembro ao 5 de outubro

Horario: os días 27 e 28 de 8.30h a 14h; os días 1 a 4 de outubro de 8.30h a 12.30h; o día 5 de outubro de 8.30h a 11.30h.

Duración: 30 h

Número de prazas: 35

Distribución das prazas: 30 para persoas desempregadas, seleccionadas a través da Oficina de Emprego de Tui e 5 prazas para persoas traballadoras na actividade agraria que formulen solicitude

Presentación das solicitudes ata o 21 de setembro ás 14 h no enderezo electrónico: desenvolvementorural.issga@xunta.es ou no fax 986 47 22 11

Teléfono de contacto: 986493297

Máis información na web do ISSGA: www.issga.es

 

Neste curso desenvolverase o programa formativo en base aos seguintes contidos:

· Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo (7 horas)

· Riscos xerais e a súa prevención (12 horas)

· Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención (5 horas)

· Elementos básicos da xestión da prevención de riscos (4 horas)

· Primeiros auxilios (2 horas)

 

A celebración desta acción formativa xorde do enunciado no Plan estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014 onde recoñécese que a cobertura das necesidades preventivas é insuficiente en relación coas necesidades e demandas das empresas e das persoas traballadoras. Estas carencias son maiores no ámbito rural que, en xeral, correspóndense con actividades do sector primario, recolléndose como un sector de actuación preferente en materia de seguridade e saúde laboral o sector agro forestal. Como consecuencia, o Plan de actividades do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o ano 2012 recolle no seu eixe “formación, difusión e sensibilización” un programa de introducción da cultura preventiva e formación no ámbito rural que ten como obxectivos programar e executar as accións formativas correspondentes a cada zona de Galicia. No caso de Tui, sinala o concelleiro de formación e emprego, José Ángel Villaverde Rocha, dada a implantación do sector dos invernadoiros na contorna estimase de interese o desenvolvemento desta acción formativa na nosa comarca. Con este novo curso o Concello tudense  amplía a súa oferta de cursos de formación nos diversos ámbitos de actividade laboral.