A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves, 30 de novembro
A corporación municipal de Tui celebra pleno de carácter ordinario, a sesión 12/2017, este xoves ás 20h. Na orde do día figuran 13 puntos.
A).-Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borradores das actas das sesións anteriores ordinaria nº 10/2017 de 26 de outubro e extraordinaria nº 11/2017 de 14 de novembro.
2º.-Expediente 2669/2017. Derogación da ordenanza fiscal do Imposto sobre o Incremento de valor dos Terreos de Natureza Urbana do Concello de Tui.
3º.-Expediente 1600/2017. Aceptación de cesión de uso, a título gratuíto, do inmoble "Edificio San Paio" (Area Panorámica
4º.-Expediente 2720/2017.Aprobación inicial da Ordenanza Reguladora das axudas á Rehabilitación de Edificios, Vivendas e Urbanización no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui.
5º.-Nomeamento dos representantes do Concello na Mancomunidade do Baixo Miño
6º.-Nomeamento de representantes da Corporación nos Consellos Escolares
7º.-Mocións de Urxencia.
B).- Actividade de control:
8º.-Dación de conta das resolucións de Alcaldía dende a nº 2017-1366 de 23/10/2017 ata a nº 2017-1506 de 24/11/2017.
9º.-Posta en coñecemento de Resolución de Alcaldía de data 26/10/2017, relativa a Información custo efectivo dos servizos no Concello de Tui exercicio 2016.
10º.-Posta en coñecemento de Informe Execución Trimestral 3º trimestre exercicio 2017.
11º.-Posta en coñecemento de Informes trimestrais.Morosidade-Lei 15/2010. Período Medio de Pago. 3º trimestre 2017
12º.- Disposicións de interese.
C).- Rogos e preguntas:
13º.- Rogos e preguntas.