Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal celebra pleno extraordinario mañá xoves, 1 de febreiro

31/01/2024

A corporación municipal de Tui reunirase mañá xoves, 1 de febreiro, ás 19 h en sesión plenaria extraordinaria, nº2/2024, con oito puntos na orde do día.

A) Parte resolutiva:

1º. Aprobación, se procede, do borrador das actas das sesións anteriores: Sesión ordinaria nº 13 do 30/11/2023 e sesión extraordinaria nº 1/2024 do 23/01/2024. 

2º. Expediente 139/2024. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Patrimonio e Contratación, favorable á proposta de Alcaldía de data 18/01/2024. Resolución del Contrato de concesión de obra pública parking subterráneo entra las calles Ourense y Compostela. 

3º. Expediente 1604/2022. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Patrimonio e Contratación favorable á proposta da Alcaldía de data 17/01/2024. Modificación do contrato Servizo de Axuda no Fogar. Prestación básica e dependencia (SAF) para incremento de horas. 

4º. Expediente 658/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Patrimonio e Contratación favorable á proposta da Alcadía de data 17/01/2024. Contrato de servicios: Proposta de acuerdo de prórroga del contrato de Servicio de ayuda en el hogar. Prestación básica y dependencia (SAF). 

5º. Expediente 430/2017. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Patrimonio e Contratación favorable á proposta da Primeira Tenente de Alcaldía, de data 09.01.2024 . Revocación da Resolución de 27.10.2021 ditada pola Concelleira de Facenda, pola que se aprobou a liquidación provisional do custo das obras de urbanización mediante execución subsidiaria, anulándoa e deixándoa sen efecto. 

6º. Expediente 2520/2023. Ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Contas, favorable á proposta do Concelleiro delegado de Facenda de data 09/01/2024. Bonificación ICIO correspondente ás obras de limpeza e cambio de tella no inmoble sito en praza do Concello nº 2. Interesada Dna. Emilia Concepción Alonso González. 

7º. Moción BNG Tui Enlace Autovía Polígono Areas. (Nº RXE 2024-E-RE-284). 

B) Actividade de control: 

C) Rogos e preguntas: 

8º. Rogos e preguntas

Convocatoria Sesión Plenaria 2/2024 de pleno extraordinario do xoves, 1 de febreiro de 2024